Unha Gala para celebrar 25 anos de Folclore en Louro con Ximiela
08:10 24/05/13
A antiga Fábrica de Sel (Muros) será o espazo que albergará a gala do vixésimo quinto aniversario da Agrupación Folclórica Ximiela de Louro. O sábado 25 de maio ás 21,30h dará comezo un espectáculo cheo de historia e tradición pero transmitido dun xeito actual para a maior compresión e entretemento do público.
Polo escenario pasarán máis de 60 artistas que serán os encargados de trasladar aos asistentes ao pasado a través do baile, a música e a vestimenta. Nesta gala non faltará a festa pero tamén xurdirán momentos tenros como un canto de berce ou solemnes como pode ser unha alborada.
Despois de múltiples actividades realizadas pola agrupación como seráns, vídeos e talleres; este espectáculo será o broche de ouro para un cuarto de século traballando polo folclore galego.
Novas relacionadas
- Ximiela celebra 25 anos facendo folclore.
- Lires vibrou a ritmo de Folk.
- Lires vive o foclore dende o Socorro ata a Xuntanza Folk.
Fonte
- Ximiela.