Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Lires vive o foclore dende o Socorro ata a Xuntanza Folk

Lires vive o foclore dende o Socorro ata a Xuntanza Folk

Non para de recuperar tradición. E se vén de celebrar unha fermosa tarde de foliada nas Festas do Socorro, xa prepara a Xuntanza Folk para este vindeiro sábado 18.

Tarde de foliada para celebrar as festas do Socorro.

Tarde de foliada no Socorro de Lires

O pasado domingo, a ARCE Pedras Miúdas celebrou a súa exhibición anual de baile e danza coincidindo coas festas patronais. Ao mediodía, tivo lugar a tradicional danza de arcos, e pola tarde foi a quenda dos diferentes grupos de baile acompañados dos gaiteiros de Pedras Miúdas.

Os máis aplaudidos foron coma sempre os máis cativos que non deixan de sorprendernos cada ano. Por último, fíxose entrega de libros infantís a 4 dos rapaces como agradecemento por participaren cos seus relatos na revista publicitaria.

A IV Xuntanza Folk Lires abre a tempada estival da música tradicional na Costa da Morte

Oranizadoras pegando os carteis da Xuntanza Folk de Lires 2013

O vindeiro sábado 18 de maio, terá lugar no lugar de Lires (Cee) a IV Xuntanza Folk, unha festividade de carácter tradicional que argalla cada ano a Asociación Recreativa, Cultural e Educativa “Pedras Miúdas”.

Nesta edición, como novidade, a festa comezará un pouco antes, ás 8 da tarde cunha churrascada. Logo, ás 10 da noite comezarán as actuacións comezando polos anfritrións de Pedras Miúdas, tanto o grupo de pandereteiras como os gaiteiros. Ademais, estes últimos van estar acompañados polos gaiteiros de Buxantes. Despois será a quenda das agrupacións invitadas, que este ano serán: A Ponte Vella (Teo), O Tren da Unha (Laxe), e A Requinta da Laxeira (Vedra).

Por outra parte, nesta cita, non van faltar as sorpresas xa que imos ter dous invitados moi especiais: Constante e Angustias, dous dos veciños máis internacionais de Lires que se deron a coñecer no pasado Entroido cando lles desafiuzaron a granxa.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios