Volve o teatro, con normas, a Muros
Museos, Bibliotecas… Parece que a “desescalada” comeza a facerse erealidade no sector cultural, porque esta fin de semana tamén volve o teatro. Un dos concellos que máis apostan pola programación continua, como é o de Muros reabre o Auditorio Centro Cultural para celebrar este venres 5 de xuño (ás 18:00h), o Día do Medio Ambiente.
Será a compañía Galeatro que traia o espectáculo “Carabela”, a historia dunha cociñeira dun barco que naufraga na Illa Pequena de Plástico. Unha obra ideal para familias co medio ambiente e o lixo mariño como fío condutor.
Normas a seguir
A volta ao Centro Cultural será con numerosas restricións. Existen unha normas especiais por atoparnos na fase 2 de desescalada da pandemia provocada polo Covid-19:
As entradas nesta ocasión serán de balde e con reserva previa obrigada, que se pode facer directamente nas oficinas do Centro cultural, no teléfono 981762294, ou no e-correo [email protected].
O número de espectadores non pode superar as 50 persoas e adxudicaranse por orde de reserva.