Venres. 29.03.2024
El tiempo

As Bibliotecas comezan a abrir con cita previa

Bibilio Santa Comba
As Bibliotecas comezan a abrir con cita previa

A de Santa Comba pode ser un bo exemplo da volta ao funcionamento da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Este luns 1 de xuño volven a abrir, pero con normas. Primeiro, hai que pedir cita previa. Cómpre ir, mellor só, con luvas e máscara. Ademais só se poden facer devolucións e préstamos (nada de ficar a estudiar, ler…) e para os préstamos hai que pedir previamente os libros que queres, despois de consultar o catálogo https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal.

Noutros concellos como Carballo ou Laracha xa levan abertas unhas semanas con estas mesmas normas de seguridade.

Comentarios