Luns. 01.06.2020
El tiempo

Comeza a lenta reapertura dos Museos da Costa da Morte

O Museo Arte Contemporaneo da Costa da Morte MACCMO de Corme, xa abre as súas portas
O Museo Arte Contemporaneo da Costa da Morte MACCMO de Corme, xa abre as súas portas
Comeza a lenta reapertura dos Museos da Costa da Morte

O Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte (MACCMO) de Corme é o primeiro que abre as súas portas. Durante esta Fase 1 estará aberto os venres de 17:00h a 20:00h e de 11:00 a 13:30h, con visitas individuais ou en grupos pequenos, con cita previa no 630 907 124.

Na mesma tesitura atópase o Museo Pazo do Xallas de Santa Comba, que abre baixo demanda (659 05 61 42).

Pechado

O resto de museos aínda non teñen perfilada a súa reapertura.

Tamén en Ponteceso, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) aínda non sabe cando volverá abrir as súas portas, como acontece noutros museos municipais como o Museo de Bergantiños de Carballo ou o Museo da Pesca de Fisterra , que aínda non teñen formulada a “desescalada”.

O Museo da Fundación Fernando Blanco de Cee, en principio ten intención de volver a abrir as portas o vindeiro martes 26, pero non está confirmado.

Por Camelle, o Museo de Man de Camelle están preparando todo o material para intentar abrir as portas a primeira fin de semana de xuño, se vai todo ben.

O Museo de Artesanía en Vivo do Castelo de Vimianzo, como monumento, terá que esperar á Fase 2, pero aínda non está clara a data.

Mentres, o Museo do Faro Vilán que coida a Asociacion de Empresarios de Camariñas, gracias a subvención da Diputación e ao seu esforzo, conta con abrir a finais de xuño ou comezos de xullo.

comentarios