Martes. 25.06.2019
El tiempo

Ximiela dedicou a exitosa actuación de Raigame en Compostela a David Candamo

Espectaculo Raigame de Ximiela no Auditorio Abanca de Santiago
Espectaculo Raigame de Ximiela no Auditorio Abanca de Santiago
Ximiela dedicou a exitosa actuación de Raigame en Compostela a David Candamo

O pasado domingo 7 de abril foi un día que quedará grabado con letras de ouro na historia da Agrupación Folclórica Ximiela de Louro. Chegaban, cheos de ilusión e nerviosismo o Auditorio Abanca da capital de Galicia presentando a súa última producción, Raigame, despois de facer xa 2 representacións no teatro Principal de A Estrada e no Auditorio de Rianxo, ámbalas duas con grandísimo éxito de público.

Pero Santiago é especial, porque para os entendidos do tema, é onde realmente o público pide que des o máximo en cada baile, en cada copla e en cada nota que sale da gaita…

Ensaios, probas de son, probas de luces, reparto de camerinos, traxes, instrumentos, actores, técnicos, atrezoo… Todo esto desde primeira hora da tarde, os primeiros nervios a ver a grandeza do Auditorio, pero sobre todo ilusión e traballo. Traballo que levaban feito desde 2 anos atrás e que estaban a punto de poñer enriba do escenario para o público da capital.

Espectaculo Raigame de Ximiela no Auditorio Abanca de Santiago

Ábriuse o telón, 10 minutos tarde, xa que non deixaba de entrar público ata completar o aforo, e comeza a historia.16 escenas, 16 vestiarios, 16 atrezzos… Unha historia vibrante, emocionante, que cautiva o público o longo de case 2 horas de espectáculo. Unha historia que podería ser a historia de calquera de nós, porque, que galego non ten relación coa emigración?

Pero nesta ocasión a dirección de Ximiela, tomouse a licencia de engadir un final “fóra de guión”, pero un final que era necesario. Foi o momento máis emocionante de noite. Foi a homenaxe que toda a Agrupación, e un público entregado e posto en pé, rendeu a un dos compoñentes de Ximiela falecido nun tráxico accidente facía xustamente unha semana, David Candamo.

Un video final, unha carta de despedida, o seu estandarte e un ramo de flores, homenaxearon como se merecía ao querido David, unha persoa entrañable, entusiasta, divertida, un “alma mater” con palabras maiores… Pero por encima de todo un compañeiro e amigo da familia Ximiela.

Espectaculo Raigame de Ximiela no Auditorio Abanca de Santiago 2

Vindeira cita en Mazaricos

Raigame de Ximiela en Mazaricos

Novas relacionadas

Comentarios