Domingo. 28.11.2021
El tiempo

3090 km en 72 días: Alfonso Ocampo une o Cabo Touriñán e o Cabo Corsén da Bretaña Francesa

Alfonso Ocampo saindo de Tourinan cara a Bretana 1
Alfonso Ocampo saíndo de Touriñán cara a Bretaña Francesa
3090 km en 72 días: Alfonso Ocampo une o Cabo Touriñán e o Cabo Corsén da Bretaña Francesa

Arrincaba este luns en Cabo Touriñán Alfonso Ocampo unha viaxe moi especial. Este home, nado en Galicia pero emigrado en Francia dende os 2 anos, quere honrar a súa terra nai con esta singular viaxe. Vai facer, en 72 días, os 3090km que separan Touriñán do Cabo Corsén, na Bretaña francesa. Un xeito de tecer vínculos entre dous Finisterraes europeos, tan semellantes pero tan diferentente coidados e aproveitados.

Ocampo traballou de mecánico en Francia toda a vida, pero sempre estivo moi ligado ao deporte: practicou rugby, e de feito é adestrador de rugby de nenos, fixo maratóns e Iromans, trails, a Diagonal de Fous, chegou a atravesar os Pirineiros de este a oeste, ou mesmo fixo o Camiño de Santiago desde Annecy.

Desta volta, e partindo da Casa Fontequeiroso, afrontaba este pasado luns a primeira xornada de camiñada, despois de saudar a familiares e amigos por videoconferencia dende o mesmo faro muxián. Pero non foi sen atrancos, pois perdeuse repetidamente durante as primeiras 13 horas de andaina, facendo o Camiño dos Faros de sur a norte, en sentido inverso ao habitual. Quédalle moito camiño por andar, e moitas cores dos ceos e da terra por disfrutar.

Alfonso Ocampo saindo de Tourinan cara a Bretana
Boa viaxe, Alfonso!

Novas relacionadas

comentarios