Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A asociación Muxía Turismo Rural adica o mes de febreiro a Rosalía de Castro

A asociación Muxía Turismo Rural adica o mes de febreiro a Rosalía de Castro
os hostalerios de muxia adicanlle o mes de febreira a rosalia de castro Baixo lema "Febreiro, mes das pegadas de Rosalía de Castro nas terras de Muxía" as casas que integran a asociación Muxía Turismo Rural, todas coa certificación Q de Calidade, adicarán todo o mesde febreiro á ilustre poetisa tal e como o están a facer tamén no concello de Cee. Desta forma queren conmemorar a pegada que Rosalía deixou na vila tanto no amplo poema adicado á romaría da Barca en "Cantares Gallegos" como na súa novela "La hija del Mar". Unha das actividades deste programa de actividades é o almorzo literario que poderán degustar os clientes dos establecementos que forman a entidade. Ademais organizan una ruta rosaliana que discorre Mosteiro de Moraime, a praia de Area Maior, Chorente, Espiñeirido, praia de A Cruz, casa na que pousou Rosalía, Monte Corpiño, santuario da Virxe da Barca, para rematar no obradoiro da artista local Viki Rivadulla. O 21 de febreiro, ás cinco da tarde, está previsto un acto literario no Mosteiro de Moraime, un dos escenarios da citada novela, e que estará protagonizado polo antropólogo e investigador Manuel Vilar, quen no seu día pronunciou unha ampla conferencia baixo o título "Muxía eRosalía. Rosalía e Muxía". Novas relacionadas Fonte        

Comentarios