![A danza de espadas de Quintans bailase nas festas da parroquia que tenen lugar a primeira fin de semana de agosto]()
A danza de espadas de Quintans bailase nas festas da parroquia que teñen lugar a primeira fin de semana de agosto
A
danza de espadas de Quintáns-Muxía - xunto coa danza de espadas de Vilastose e co grupo folk Xaramiños do Corpiño - participa no
6º encontro de teatro popular no noroeste peninsular Eixpresssoes que terá lugar esta fin de semana (os días 23 e 24 de xullo) na vila portuguesa de
Viana do Castelo. O evento está organizado pola cámara municipal de Viana do Castelo e o Núcleo Promotor do Auto da Floripes 5 de agosto.
Os bailadores muxiáns actuarán o día 23, compartindo espazo con outros grupos galegos como O folión “Os Labregos” de Trives, a danza de Arcos de Cariño, A danza de espadas de Marín, a danza de espadas e Penlas de Redondela, e outros grupos portugueses como o baile dos turcos de Penafiel e Mascarados. Cardadores de Ilhalvo.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Grupo de danza de espadas de Quintáns