Mércores. 20.11.2019
El tiempo

A Xunta axuda a reformar a Escola dos Muíños

A Xunta axuda a reformar a Escola dos Muíños

A escola máis vangardista da Costa da Morte acaba de recibir unha axuda da Xunta de Galicia. E iso que non escatima en críticas cando son necesarias. Pois a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou onte o colexio de educación infantil e primaria (CEIP) Os Muíños, de Muxía, para anunciar unhas obras de mellora e ampliación con un investimento de preto de 900.000 euros.
Do Campo percorreu as dependencias escolares acompañada pola xefa territorial de Educación, Teresa Villaverde, o alcalde da localidade, Félix Porto, e a directora do centro, Aurelia Picallo.

As obras inclúen traballos para adaptación de espazos no centro, onde se crearán novas aulas de infantil con aseos e de primaria, reorganizaranse as aulas comúns e habilitarase un ximnasio.

As obras, que comezaron este verán, continuarán durante varios meses máis. Do Campo aclarou que esta circunstancia non causará ningún trastorno no desenvolvemento normal da actividade académica, que se retomará o vindeiro luns co inicio do curso para os alumnos de primaria e infantil.
Nas últimas semanas, a consellería adoptou as medidas necesarias para agrupar aos escolares nun dos pavillóns do centro e nos inmobles anexos, sen que iso afecte á calidade das clases. Tamén se delimitou debidamente a zona de obras para reforzar a seguridade dos alumnos e do persoal docente. A previsión que manexa Educación é que a actuación poida estar rematada para o arranque do segundo trimestre deste curso.

Servizo de comedor

A reforma tamén afecta á cociña do centro, onde se están a renovar por completo os equipamentos. A delegada garantiu a prestación do servizo de comedor aos alumnos dende o primeiro día de curso.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta de Galicia.

Comentarios