A escola sen libros

16:38 29/10/10

A clase sen libros
Hoxe cóntannos dous exemplos do traballo diario desenvolvido no centro. En 2º, 4º e 6º de primaria decidiron traballar sen o apoio exclusivo dos libros de texto, polo que o currículo se desenvolve a través dos medios cos que conta a escola: ordenadores, Pizarra Dixital Interactiva, Blogs,.... e por suposto, os medios tradicionais, papel, lápis, pizarra e xiz. Teñen claro no centro que verdadeiramente importante é ter claros os obxectivos e a forma de chegar a eles. Para facelo, para achegarse a eles, utilizan unha "metodoloxía eminentemente participativa e colaborativa". Aquí vemos un exemplo de como as pequenas inteactúan con estas pizarras, que en moitos outros centros están sen usar.Aprendendo e integrando
Son métodos que permiten que o alumnado se sinta parte do proceso de formación. Como destaca a directiva, a súa visión educativa céntrase en "ser un medio de integración e compensación das desigualdades combinando metodoloxías tradicionais e innovadoras que favorezan a aprendizaxe significativa nun clima tolerante e de cooperación".Blogs dos estudiantes
Xa os visitaremos na sección da Bitácora da semana, como fixemos no seu momento coa Tripulación Pirata de 6º, pero vos queremos deixar con estes espazos creados polos polas mestras responsables de cada nivel, que son utilizados como medio para impartir clase e como soporte para difundir información.- Exemplo en 2º de Primaria: fantasianosmuinhos.blogspot.com.
- Exemplo en 4º de Primaria: nomundodasmarabillas.blogspot.com.
Novas relacionadas
- A directiva do Colexio Os Muíños denuncia a falta de atención da Consellería:
- O CEIP Os Muíños é o primeiro en revelarse contra a Xunta.
- A bitácora da semana (LXXIX): A Tripulación Pirata do Colexio dos Muíños.
- A Costa participa no proxecto Abalar de integración das Novas Tecnoloxías na ensinanza.
- O profesorado dos Muíños recíclase en novas tecnoloxías.
- Usando a internet na escola.
- A Escola 2.0 de Muxía.
- Maruxiña dos Queixos: ¿A vós non vos pasa?.
Fonte
- Redacción de QPC ( info@quepasanacosta.gal).