O CEIP Os Muíños recolle o Premio Nacional de Bibliotecas


Impresionante o traballo deste pequeno centro. Segue sendo referencia en todo o país e o peor é que na zona non se convirta nin revulsivo para que o resto de centros tomen nota e continúen avanzando.
E o último premio que vén de recibir é a nivel estatal nada menos. Así, na mañá deste mércores, na Biblioteca Nacional celebrouse a ceremonia de entrega do Premio Nacional ás Boas Prácticas na Biblitoeca Escolar. O CEIP Os Muíños recolleu o diploma acreditativo de mans do Ministro de Educación, Ángel Gabilondo Pujol. A representacion galega no acto foi notoria, xa que das vintecatro bibliotecas premiadas, oito eran galegas.
Este Concurso Nacional de boas prácticas para a dinamización das bibliotecas dos centros escolares, 2010 chega directamente do Ministerio de Educación, que felicitaba a todo o profesorable "culpable" de estas "pequenas utopías" que son as bibliotecas escolares.
A biblioteca na rede
E como xa saben que a dos Muíños é a a escola sen libros ou a a href="http://antigo.quepasanacosta.gal/content/view/7497/26/">a escola 2.0, podemos ver pola mirilla que ocorre na Biblioteca a través do seu blog:
Máis información
Novas relacionadas
- A Biblioteca dos Muíños recibe o Premio Nacional ás Boas Prácticas.
- A escola sen libros.
- A directiva do Colexio Os Muíños denuncia a falta de atención da Consellería.
- O CEIP Os Muíños é o primeiro en revelarse contra a Xunta.
- A bitácora da semana (LXXIX): A Tripulación Pirata do Colexio dos Muíños.
- A Costa participa no proxecto Abalar de integración das Novas Tecnoloxías na ensinanza.
- O profesorado dos Muíños recíclase en novas tecnoloxías.
- Usando a internet na escola.
- A Escola 2.0 de Muxía.
- Maruxiña dos Queixos: ¿A vós non vos pasa?.
Fonte
- Nota de prensa da dirección do centro da man de Susana Seoane Dovigo.