Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Xunta lembra que segue en marcha a piscifactoría do Cabo Touriñán

A Xunta lembra que segue en marcha a piscifactoría do Cabo Touriñán

Semana negra a pasada para o patrimonio natural da Costa da Morte. Ás novas da morte forzosa da Reserva Mariña de Lira e a creación de 3 novos parques eólicos arredor do Monte Pindo demostran que a Xunta de Galicia non valora o noso maior tesouro: a natureza.

Dende xuño do ano pasado non escoitábamos falar de Touriñán, pero a macropiscifactoría segue nos plans do goberno da Xunta. Onte puña o finiquito definitivo ao polémico Plan Acuícola do bipartito e comezaron coa tramitación do novo Plan Director de Acuicultura (PDA), que mantén moitas das ideas do plan aprobado en 2005 polo anterior goberno do PP.

O novo plan suspende as piscifactorías de Merexo, Seiruga, Camelle e Corrubedo, polo rexeitamento social dos veciños e trala promesa antes das eleccións autonómicas do 2009. Non fai o propio coa de Quilmas, malia que o rexeitamento cidadán é semellante, nin coa de Touriñán, onde é medio país o que se opón á destruciíon dunha paraxe inigualable.

Sinalan que a Consellería do Mar traballa man a man coa USC, curiosamente despois de que esta conclúise que a piscifactoría de Touriñán é incompatible coa normativa europea .

Natureza viva

Entrementres deixamos de novo este vídeo de Francisco Santiago López, para que disfrutemos da paisaxe natural dun dos lugares máis auténticos da nosa xeografía.

Novas relacionadas

Máis novas sobre Touriñán

Outras novas

Fonte

Comentarios