Luns. 24.06.2019
El tiempo

As Abaladeiras de Muxía, premiadas no Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina

As Abaladeiras de Muxía no Festival de Xacarandaina
As Abaladeiras de Muxía no Festival de Xacarandaina
As Abaladeiras de Muxía, premiadas no Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina

Este domingo 2 de xuño tivo lugar o XXXIX Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina no Pazo da Ópera da Coruña. Alí estiveron as Abaladeiras de Muxía, que ficaron encantadas e emocionadas ao recibiren o 1° Premio da Categoría C no Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina da Coruña.

Toda unha demostración de que a Costa da Morte é potencia en tradición.

Abaladeiras de Muxia no Festival de Xacarandaina

Potencia tamén na música

Os Roquinos de Muxia no Festival de Xacarandaina

Xa hai un par de semanas as Abaladeiras levaran unha alegría cando os seus pequenos “Roquiños” levaran o 2º Premio Categoría B (de 10 a 13 anos) de Pandeireta XXX Concurso Música Tradicional Xacarandaina.

Aí tamén estiveron as As Xaviñanas da Universidade Popular de Corcubión, levando o 3º Premio Categoría C (de 14 a 17 anos) pandeireta.

As Xavinanas de Corcubion no Concurso de Xacarandaina

Novas relacionadas

Comentarios