Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Afunde a embarcación muxiá Valencia Figueira

Afundimento Naufraxio camarinas Valencia
Afundimento do naufraxio do Valencia Filgueira
Afunde a embarcación muxiá Valencia Figueira

A pesar de termos unha xornada de calma total, a embarcación Valencia Filgueira foi a pique, por mor seguramente dunha vía de auga, á altura do mar quiniela, no Cantil, preto da costa entre Muxía e Camariñas. 

A Salvamar Altair, con base en Camariñas, saíu de contado por eles, se ben a tripulación xa foi rescatada por outra embarcación artesanal, probablemente o Santa Rita e foron finalmente traídos a porto pola Salvamar.

O barco muxián, que ten 4-5 tripulantes, xa sufrira un afundimento en 2007, desta volta en pleno porto ao recibir o impacto dunha traca de bombas durante unha festa.

Comentarios