O alumnado do CEIP Vilarmide coñeceron a crúa vida da rapazada do Sáhara con Eva e Álvaro

Eva e Álvaro entregando material escolar no Sáhara

Emotiva e de aprendizaxe de vida, como todas, a visita que recibiu esta semana o alumnado do CEIP de Vilarmide Eduardo Noya. Eva Lema e Álvaro Domínguez, dúas persoas voluntari@s da comarca de Bergantiños do colectivo Morriña Saharaui, achegáronse ao centro para compartir as súas experiencias tras visitr o país africano.

A malpicá e o pontecesán volveron dos poboados saharauis onde foron este mes de febreiro a entregar material escolar e medicinas que aportaron diversos centros da Costa da Morte (entre eles o propio colexio muxián).

Eva e Álvaro no CEIP Vilarmide

Durante unha hora, que se fixo corta, estas días persoas voluntarias amosar fotos falaron de como é a vida dos nen@s que viven en campamentos de refuxiados. Ademais entregaron cartas que os nenos saharaouis escribiron respondendo ás dos nenos de aquí e agradeceron a xenerosa colaboraciíon das familias.

Algunhas das fotos que Eva e Álvaro amosaron no cole muxián

Eva xa é toda unha veterana da cooperación, pero máis singular é o caso de Álvaro. Un mozo vinculado ao sector inmobiliario, que pouco a pouco vai descubrindo a cara máis necesitada do planeta, que se achega ao mundo da solidariedade e cooperación coa ansia de poder aportar nas cousas importantes da vida. Ambos agradecen infitamente a “predisposición absoluta e empatía” de Luisa Gerpe, unha das armadanzas do centro muxián.

Así, gracias a estas solidarias iniciativas do centro, o alumnado e as familias de Vilarmide son cada dia máis conscientes da sorte que teñen de poder ir á escola, de ter auga e luz nas casas, de poder ir ao médico e incluso de comer chuches (algúns dos nenos saharauis que aparecen no video nunca comeran unha piruleta). Non cabe dúbida de que foi unha clase maxistral que calou nas conciencias de todos que se depediron coa promesa de xuntarse en decembro no VI Nadal Solidario.

Máis novas