O cole de Vilarmide loita contra a invisibilidade das xentes sen fogar
Non para o CEIP de Vilarmide Eduardo Noya, e xa pon o foco no III Nadal Solidario. Un ano máis (as visitas dos pasados anos foron tremendamente emotivas e enriquecedoras) o centro muxián vai colaborar co Hogar Sor Eusebia, así como o Fogar de Santa Lucía, dúas institucións dA Coruña nas que viven homes e mulleres que por diferentes circunstancias acabaron na rúa.
Como os outros anos, as familias levarán doces típicos de Nadal ou alimentos que non sexan de primeira necesidade (iso téñeno cuberto), ademais tamén regalos para que estas persoas sen familia podan celebrar o Nadal como todo o mundo. Xa teñen moitas cousas, algunhas lambonadas desas que provocan felicidade, e seguro que van vir moitas máis pois a veciñanza está colaborando con entusiasmo. O alumnado vai empezar a facer as postais para cada unha das persoas que alí viven, e que son unhas das cousas que máis lles emociona xa que deixan de ser “invisibles” para a sociedade.
Nadal solidario, e tamén ecolóxico
O Centro prepárase ademais Nadal ecolóxico no que pedirán a Papá Noel, o Apalpador ou os Reis Magos que traían regalos sen pilas e farán unha recollida de móbiles usados para a fundación Jane Goodall. Ademais, seguirán recollendo tapóns para a fundación SEUR, e mercando pulseiras masai para loitar contra a mutilación xenital feminin.
Polo de pronto xa teñen o certificado da fundación Jane Goodall, coñecidos como o grupo VIDArmide no que pode colaborar calquera persoa que pretenda facer do mundo un lugar mellor en diversos ámbitos: ecoloxía, solidariedade, defensa dos animais…