Domingo. 16.06.2024
El tiempo

As científicas do IES de Muxía lanzan ao espacio a cápsula MarumaSat

  • “É raro pensar que vai subir tanto, pero estamos emocionadas”.
Cansat IES MUXIA
Alumnas de Muxía durante o lanzamento da Axencia Espacial Escolar Galega
As científicas do IES de Muxía lanzan ao espacio a cápsula MarumaSat

Emocionadas amosábanse onte as bravas científicas do grupo “Muxía en Órbita”. Tras arrasar na fase galega e triunfar na fase estatal do programa Cansat, as alumnas do IES Ramón Caamaño de Muxía asistían onte ao lanzamento da cápsula estratosférica MarumaSat VI.

En clave NASA (chámanlle ao proxecto) Axencia Espacial Escolar Galega (NOSA), a Cidade da Cultura era o escenario escollido para lanzar a cápsula estratosférica levou unha mostra de ADN humano e dun fungo para ver a influencia que neles ten a exposición á radiación UV.

”Moi ben! É raro por pensar que vai subir tanto, pero estamos emocionadas por ter xa os datos, porque na placa peltier seguro que obtemos datos moi interesantes”, cóntannos as alumas xa desexosas de analizar os resultados do voo.

Lanzamento capsula Maruma NOSA Axencia espacial
Momento do lanzamento

O voo, que se prolongou máis de dúas horas, serviu para que a cápsula MarumaSat medise a velocidade do son a diferentes alturas e creou unha melodía que se obterá empregando ChatGPT para correlacionar notas musicais con algunhas das variables que mide a sonda como pode ser a presión ou temperatura, relacionando así a ciencia coa arte e a accesibilidade.

 

  •  

Comentarios