venres. 01.08.2025
El tiempo

Antonio Fernández estrea exposición no Parador de Lourido

cartel exposición Antonio Fernández no Parador Costa da Morte
Antonio Fernández estrea exposición no Parador de Lourido

O Parador Costa da Morte acolle na Sala Perello, unha vez máis, unha exposición organizada por Ponteceso Cultura Permanente (PCP). Desta vez, a protagonista é a fotografía de Antonio Fernández, fotógrafo autodidacta que vive a atmósfera visual que ofrece matices, tons, luces e variedades cromáticas da Costa da Morte, que capta coa súa cámara. Os cinco sentidos ao dispor da Cultura e da Arte. 

"Sol, lúa, estrelas e paisaxe" é o título da exposición que se inaugura o 1 de agosto, ás 12:00 h. Contarán coa presenza de Néstor Fidalgo e Fernando Fraga que amenizarán o acto e, por xentileza do Parador degustarán uns petiscos.

A exposición permanecera aberta aos visitantes do 1 ao 31 de agosto, de 10.00 h a 20.00 h.

Outras novas

 

Comentarios