Luns. 18.11.2019
El tiempo

Aprendendo, con UCGAL, a mercar por internet para romper ca fenda dixital

Aprendendo a comprar en internet
Aprendendo a comprar en internet
Aprendendo, con UCGAL, a mercar por internet para romper ca fenda dixital

Interesante, e moi práctico, o taller sobre comercio electrónico seguro que organizou Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) no Concello de Muxía, a través do Centro de Información á Muller. Tal foi así que as prazas se agotaron, demostrando o interese que hai na poboación de mediana idade para saltar a fenda dixital e perder o medo para facer compras na rede.

A veciñanza con menor experiencia no proceso de contratación por Internet recibiu consellos que permitan que os procesos de compra sexan seguros.

A actividade estruturouse en catro bloques que se centraron no proceso anterior á contratación e as medidas de seguridade a ter en consideración, como o proceso de compra, facendo fincapé na figura do vendedor e na prevención de calotes; os aspectos posteriores á compra, como son as garantías e o dereito de desistimiento; e un último bloque que se centrou nos procedementos de reclamación e nos mecanismos extraxudiciais de conflictos.

Comentarios