Mércores. 15.05.2024
El tiempo

As Bibliotecas de Muxía propoñen ler Libros como area

As Bibliotecas de Muxía propoñen ler Libros como area
Libros como Area-Folleto das Bibliotecas de Muxia cos debuxos de Viki Rivadulla Menuda iniciativa máis interesante a das Bibliotecas Escolares do Concello de Muxía: unirse e publicar un folleto con recomendacións para mercar libros e música neste Nadal. Baixo o muxián lema de "Libros como area" ofrécense orientacións para mercar libros e música para todas as idades. O folleto conta coas valiosas ilustracións da artista Viki Rivadulla que colabora desinteresadamente coas bibliotecas. Este é o primeiro produto da colaboración entre a B.P.M. "Santiago Rey Fernández Latorre" e as bibliotecas escolares da Escola Infantil "A Galiña Azul", o C.E.I.P. "Virxe da Barca", o C.E.I.P. "Os Muíños", o C.E.I.P. de "Vilarmide" e o I.E.S. "Ramón Caamaño". O folleto será repartido entre todos os escolares e librerías da zona. Colaboran na súa produción o Concello de Muxía e a Deputación da Coruña.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios