domingo. 10.11.2024
El tiempo

Ata unha recollida solidaria para Ucraína acaba en lío en Muxía

Muxia con ucraina polemica
Ata unha recollida solidaria para Ucraína acaba en lío en Muxía

Está tan quente a situación política en Muxía, que ata a recollida solidaria para Ucraína provoca unha agria polémica entre a veciñanza. Un grupo de veciñ|@s enviaban un comunicado este sábado denunciando a súa “indignación” ante a “non entrega dos alimentos e roupa recollidas para Ucraína durante o pasado mes de marzo”. A veciñanza non entende que “case un mes e medio despois de que esa campaña de recolleita termine, alimentos, pañales, alimentos para nenos, roupa, etc… sigan apilados en caixas no edificio de servizos múltiples”, facendo alusión ás caducidades dalgúns elementos.

Pedían explicacións ao Concello ao sentírense enganados, e o Concello, certo é que non tardou en publicar nas súas redes un comunicado municipal. Un comunicado no que o primeiro que fai é acusar de actuar políticamente ás veciñas que preguntaban, e despois explicaba que o Concello decidira retrasar o envío para doarlle o material recollido ás familias Ucraínas asentadas na comarca durante as últimas datas.

Non queda aí a cousa, pois o grupo de veciños, xa baixo o pseudónimo de “Muxía enfurecida” enviaba hoxe domingo outro comunicado no que, antes de nada, quere “aclarar é que detrás deste grupo de persoas que remitimos onte a nota de prensa non existe ningunha ideoloxía política e que, o único que nos une é a solidariedade e indignación con este caso. Non pretendemos desacreditar a ningún goberno coas nosas esixencias de información e aclaración, en tal caso, o goberno local se desacredita só cos seus actos que non é capaz de explicar de forma coherente”.

Máis grave é o se veciñas aseguran enviar este comunicado anonimamente porque “tememos repercusiones se o facemos e vista a reacción do goberno local parece que non estamos moi equivocados neste pensamento”.

En calquera caso, consideran que “o comunicado emitido polo goberno local non fai máis que acrecentar a nosa indignación xa que nos sentimos enganados e esperamos que os medios de comunicación, como servizo público, axuden a que isto se aclare dándonos difusión e realizando quizais tamén un labor de investigación no caso xa que hai moitas contradicións no comunicado emitido polo goberno”.

Cren que o Concello debería ter comunicado a decisión no momento de cambiar as condicións da doazón, e cren que a idea de aproveitar a doazón para as familias acollidas en Muxía “non é máis que unha fuxida cara a adiante ante a incapacidade real de dar explicacións”. Ademais, aseguran que “o grave desta afirmación é que os alimentos continúan, como onte explicamos, no Edificio de Servizos Múltiples, polo que non se doaron a ninguén”. De feito, os ucraínos da vila están a usar vales de compra emitidos polos Servizos Sociais do concello que saen da partida de urxencia social do concello.

”Lamentamos que unha cuestión como esta xere unha polémica, pero os gobernos deben ser responsables dos seus actos e o goberno local de Muxía ten que dar explicacións coherentes ou pedir desculpas ante a nefasta xestión que se realizou nese caso e máis logo de mentir no comunicado no que se supón que o que debían era aclarar o asunto xa que isto fai pensar que a cuestión pode ser peor do que nós percibimos”, conclúe o grupo de veciños.

Comentarios