Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Barca, a imaxe do cupón da ONCE

Foto-Daniel Haz
A Barca, a imaxe do cupón da ONCE

Como xa acontecera con co centenario de Pondal, co Faro Fisterra ou coa Cascada do Ézaro, o Santuario da Virxe da Barca será a imaxe dun cupon da ONCE. Así o veñen de asinar Concello de Muxía e a entidade, para que o vindeiro o martes 8 de setembro saia ás rúas.

Ante a suspensión dos eventos relacionados coa Romaría da Virxe da Barca, en consecuencia coa incidencia da COVID-19, que o Santuario forme parte deste cupón será ‘unha lembranza de por vida para todas as persoas que adquiran os cupóns’, sinalaba o alcalde, Iago Toba.

As cifras dan conta da potencialidade comercial do Cupón Diario da ONCE, que ofrece 55 premios ás cinco cifras. Son comercializados polos 20.000 axentes vendedores e tamén se poden adquirir no seu sitio web.

O acto de presentación será o vindeiro 3 de setembro, e acudirá o rexedor muxián, ao que acompañará o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez.

Novas relacionadas

Comentarios