Martes. 19.03.2024
El tiempo

Briggitte Baptiste: a loita medioambiental, e polos dereitos transxénero, toma a Galería Mulleres

Briggitte Baptiste-Galeria Mulleres Muxia 2019
Briggitte Baptiste: a loita medioambiental, e polos dereitos transxénero, toma a Galería Mulleres
Briggitte Baptiste: a loita medioambiental, e polos dereitos transxénero, toma a Galería Mulleres

Bióloga, activista, docente e investigadora. Briggitte Baptiste (Bogotá, Colombia, 1963) é un referente internacional na loita polo medio ambiente e nos dereitos transxénero. Por iso, a Galería Mulleres da Biblioteca da Muller de Muxía quere dedicarlle este mes de agosto de 2019, para seguir percorrendo, dende hai case 10 anos, a historia en nome de muller.

Baptiste graduouse cunha tese acerca de ecoloxía da pesca no Amazonas. Fixo máster en conservación e desenvolvemento tropical na Universidade Internacional de Florida, e ten realizado o Doutorado en economía ecolóxica e manexo de recursos naturais na Universidade Autónoma de Barcelona.

Considerada en todo o planeta como unha das voces máis respectadas no campo de medio ambiente, dirixe o Instituto Humboldt en Bogotá, un dos centros de investigación máis importantes do mundo. Ten tamén unha longa carreira no mundo académico. En 2017 recibiu o Premio Príncipe Claus en Holanda, onde destacaron o seu discurso alternativo. Ademais, forma parte do grupo de expertos da Plataforma Intergubernamental sobre Biodiversidad y Servicios Ecosistémicos (IPBES) . Tras o proceso de paz en Colombia, post guerra coa FARC, está na loita pola protección dos territorios que antes se atopaban inaccesibles; descubrindo neste proceso novas especies en lugares recuperados.

O traballo de Brigitte hoxe é seguir loitando pola conservación destes tesouros naturais de Colombia. Pero Brigitte é coñecida, ademais, pola súa historia persoal: é unha das máis coñecidas mulleres trans-xénero colombianas, e das primeiras en cambiar o seu xénero no seu documento de identidade.

“Do que eu me libero dende o punto de vista emocional e da miña participación no mundo, é claramente o que pretende controlarme: a masculinidade. En todas partes entendo, de maneira empática, as razóns polas que as mulleres se senten ofuscadas e maltratadas. Os machismos, as discriminacións, os espazos de exclusión e demais temas que o feminismo trata  e dos que busca chamar a atención para construír sociedades máis equitativas, vívoos eu en carne propia”.

 

Galería Mulleres Muxía

Fonte

  • A Biblioteca da Muller de Muxía, da man de Viki Rivadulla.

Comentarios