Martes. 19.03.2024
El tiempo

Carme Adán: Feminismo galego activo para a Galería Mulleres

Carme Adan na Galeria Mulleres de Muxia-Maio 2019
Carme Adán: Feminismo galego activo para a Galería Mulleres

Carme Adán (Donostia, 1966) é Doutora en Filosofía, ensaísta e política galega. Presidiu a Aula Castelao de Filosofía desde 1997 até 2005. Durante os anos 2005-2009 desempeñou o cargo de secretaria xeral da Igualdade no Goberno galego e entre 2007-2009 foi presidenta da Unidade Muller e Ciencia de Galicia. Durante a VIII e IX Lexislatura foi deputada no Parlamento galego polo BNG.

Publicou Feminismo e coñecemento (Espiral Maior, 2003), traducida ao castelán en Espiral Maior (2006), e en 2011 recompilou en cartografías do derrubo dous anos de actividade periodística na sección de opinión de Xornal de Galicia.

As súas publicacións máis recentes son: “Cyborg”, en Barbarismos queer e outras esdrújulas (Edicións Bellaterra, 2017), “Conceptualizar la violencia contra las mujeres: ¿una reflexión epistemológica pendiente?”, na Revista Andaluza de Antropología (2018), “Conceptos y violencias: espacios para el debates sobre la violencia obstétrica”, en Violencia obstétrica (Tecnos, 2018) e “How many shades does femicide have?Reflections from feminist epistemology”, en Knowlegdes, “Practices and activism from Feminist Epistemologies” (Vermon, 2019).

En novembro de 2018 publicou “Feminicidio”. Unha nova orde patrialcal en tempos de submisión”, na editorial Galaxia, reimpreso en xaneiro de 2019 e en breve será publicado en castelán por Edicións Bellaterra.

Na actualidade exerce como catedrática de Filosofía no IES Politécnico de Vigo e coordina a Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega.

Galería Mulleres Muxía

Fonte

  • A Biblioteca da Muller de Muxía, da man de Viki Rivadulla.

Comentarios