Martes. 19.03.2024
El tiempo

Agnés Varda, a precursora da ‘Nouvelle Vague’, protagonista do abril da Galería Mulleres

Xa van máis de 9 anos repasando a historia en clave de muller. Un dos mellores xeitos que coñecemos na comarca de facer reflexionar á veciñanza do absoluto esquecemento no que fican ducias e ducias de mulleres que cambiaron o mundo. Hoxe, Viki Rivadulla dende a Biblioteca da Muller de Muxía repasa a vida da cineasta Agnés Varda (Bruxelas 1928-París 2019).

cartel agnes varda na Galeria MUlleres de Muxia
Agnés Varda, a precursora da ‘Nouvelle Vague’, protagonista do abril da Galería Mulleres


Artista multidisciplinar, Varda dedicou gran parte da súa enerxía ao cinema, aínda que na década dos anos 50 fora fotógrafa profesional. Case sempre identificamos a Agnés Varda con François Truffaut, Jean-Luc Godard ou Claude Chabrol, referentes do movemento francés de finais dos 50, a Nouvelle Vague, pero antes de que eles filmasen “Os 400 golpes”(1959),”Ao final da escapada”(1960) ou “O belo Serxio” (1958), Agnés Varda xa rodara en 1954 a súa ópera prima “A Pointre Courte”, auténtica precursora estilística do movemento.

Varda estudou Historia da arte na École du Louvre antes de conseguir un traballo como fotógrafa oficial do Théâtre National Populaire de París. Gustáballe an fotografía, pero estaba máis interesada no cinema. Despois de pasar uns días gravando a pequena cidade pesqueira francesa de Séte, no barrio “A Pointre Courte”, para un amigo cunha enfermidade terminal que non podería visitala por si só, Varda decidiu facer unha película. Deste xeito aparece en 1954 a súa primeira película. A película é a precursora estilística da Nouvelle Vague francesa.

Toda a súa obra presenta un estilo experimental distintivo e un carácter realista e social. Ao longo da súa traxectoria recibiu numerosos premios, entre eles en 1985 obtivo o León de Ouro do Festival de Cinema de Venecia ,o Premio Césaren 2009 ou o Premio René Clair da Academia francesa.

En 2017 recibiu o Óscar Honorífico pola súa carreira Unha canta, a outra non, é a súa primeira película explicitamente feminista que foi un absoluto éxito en Francia.

Galería Mulleres Muxía

Fonte

  • A Biblioteca da Muller de Muxía, da man de Viki Rivadulla.

Comentarios