Buscando solucións ao problema de abastecemento de auga de Muxía
O goberno local de Muxía e Augas de Galicia achegaron esta mañá posicións para aunar forzas e darlle solución á problemática do abastecemento en Muxía. O alcalde, Iago Toba, e os concelleiros Olalla Benlloch e Javier Romar, reuníronse o mércores coa directora Teresa Guitiérrez, en Santiago de Compostela.
Esta reunión seguiu unha liña continuista ás xa mantidas con anterioridade por Iago Toba, e supón un avance de cara a artellar os formalismos do proceso administrativo e, por fin, aportar unha solución en lugares de Muxía como Suxo, Castelo, Agranzón ou Peropombo.
Pola súa banda, Teresa Gutiérrez, directora de Augas de Galicia, subliñou da ‘relevancia que supón este tipo de proxectos para dotar a un municipio como Muxía dun servizo de abastecemento de auga moderno e de calidade’, sinalou.
Obras no Edificio de Servizos Múltiples
O Concello de Muxía promove a restruturación integral do edificio de usos múltiples e diversificar así a súa funcionalidade, onde se intervirá coa realización dunha serie de obras. Denominarase unha das salas como ‘A Camposa’, que recolle parte da esencia do municipio.
Ata o de agora, o 80% do edificio estaba infrautilizado, polo que desde o goberno local se plantexou unha ‘adecuación dos espazos para adicalos a usos multidisciplinares’, achega o alcalde, Iago Toba