Xoves. 11.08.2022
El tiempo

O CEIP Vilarmide despediu o curso cunha excursión polas Rías Baixas

excursion CEIP Vilarmide
O CEIP Vilarmide despediu o curso cunha excursión polas Rías Baixas

Aínda seguimos recibindo ecos do fin de curso de varios centros da zona. Desta volta imos ata Muxía, pois o CEIP Vilarmide Eduardo Noya quixo compartir a súa excursión de fin de curso da rapazada de 5º e 6º de Primaria. Acompañados de dúas mestras, pasaron 3 días inesquecibles, percorrendo algúns dos sitios máis emblemáticos e bonitos de Galicia.

A primeira parada foi para coller no Grove o catamarán e recorrer a ría, ver as bateas e escoitar as explicacións de como se cría o mexillón, as ostras e as vieiras. Unha vez rematado puideron degustar uns riquisimos mexillóns.
Non faltou a visita a Combarro, unha das vilas mellor conservadas do país. Un pouco cansados chegaron a Capela da Granxa, unha fermosa casa situada ao lado do río Lerez, onde pasaron unha inmellorable noite.

O martes, despois de almorzar, tiveron unha visita guiada polo casco histórico de Pontevedra, coñeceron os escudos das familias máis importantes, a historia do loro Rabechol, a igrexa da Peregrina (imaxe á que lle cambian de roupa moi a miúdo), visitaron a casa do temible pirata Benito Souto, e despois de tomar uns refrescos na praza da Leña foron come. Despois de comer visitaron o Museo Provincial centrados na obra de Castelao.

Xa o mércores visitaron os petróglifos de Campo Lameiro e chegaron a tempo de compartir a comida de fin de curso con todos os compañeiros e profesores antes de colgar o cartel de Pechado por Vacacións.

comentarios