Domingo. 13.10.2024
El tiempo

O Coído de Cuño, máis limpo gracias ao voluntariado de Comarea e Mar de Fábula

Exif_JPEG_420
O Coído de Cuño, máis limpo gracias ao voluntariado de Comarea e Mar de Fábula

Este pasado sábado a Asociación Xuvenil Comarea e Asociación Mar de Fábula volveron xuntar forzas en clave medioambiental para limpar o coído de Cuño, Muxía. Poucos actores para tanto escenario, desta volta, pero a realidade é que fixeron unha función magnífica.

Durante hora e media, nove voluntarios, movéndose coma formigas ao longo desta paisaxe ciclópea traballaron duro apañando plásticos, picando e tirando doscabos presos, de maneira incrible, entre os xigantescos bolos.

O resultado da infame colleita foi o seguinte: Unha morea de cabos máis 11 sacos de 100 litros cheos de lixo plástico ríxido - anacos de caixas, bidóns, botellas, latas, estructuras, solas, gomas, espumas, ferros..... O tipico lixo macroplástico que atopamos sempre nos coídos, moi diferente do lixo plástico miudo e microplásticos que agroman arreo nas liñas de marea das praias.
Unha parte dos refugallos plásticos foron seleccionados para os obradoiros de Mar de Fábula en Camelle.

O luns os medios loxísticos do concello de Muxía pasaran a recoller todo o material para o seu depósito e clasificación no punto limpo do concello.

Lixos plasticos de CuniExif_JPEG_420

Novas relacionadas

Comentarios