Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Comeza o novo programa de Igualdade "En Muxía, se queres podes"

Comeza o novo programa de Igualdade "En Muxía, se queres podes"
Muxía leva dende o 2010 traballando continuamente na Igualdade

Continúa o Concello de Muxía traballando, e moito en clave de igualdade. E o dicimos con coñecimento de causa, unha vez que o ano pasado foi QPC quen impartiu un curso de igualdade a través das NNTT. Este novo curso continúa un programa aberto no 2010, e que a partir de este venres 25 de outubro leva o título, “En Muxía se queres, podes”.

Trátase pois dun proxecto creativo-educativo enmarcado dentro do Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades. Un programa completo de actividades lúdico educativas enmarcadas que ten como propósito impulsar a igualdade cun formato creativo, educativo e multidisciplinar.

Os xoves realizaranse actividades de reforzo escolar coa finalidade de por a disposición das familias os medios e recursos didácticos necesarios para axudar ó alumnado con dificultades de aprendizaxe, e os venres actividades creativas de igualdade no eido tecnolóxico, manual e científico, estimulando o seu potencial creativo aplicado no seu proxecto de vida , en horario de 17.30 a 19.30, no edificio de Servicios Multiples.

Todas as actividades programadas serán gratuítas e aínda que o prazo de inscrición rematou o 21 de outubro, as persoas interesadas poden solicitar información na Casa consistorial.

Este proxecto está cofinanciado pola Secretaria Xeral de Igualdade, o FSE e o Concello de Muxía.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios