Concello, ANPAS e colexios de Muxía unen forzas para afrontar este singular curso

Pola comarca comeza a haber movementos. O Concello da Laracha xa enviara a súa petición á Xunta dunha normativa específica para a volta ao cole. Onte tivo lugar en Muxía unha xuntanza entre o grupo de goberno, as tres ANPAS da localidade e as directoras dos tres colexios (o colexio Eduardo Noia, o colexio Virxe da Barca e o Colexio Os Muiños), para unir forzas.
A idea principal é ver conxuntamente as necesidades para mellorar as condicións dos colexios, dentro das competencias do Concello. Un dos temas acordados foi a mellora das instalacións para que a volta as aulas pódase realizar con todas as medidas de seguridade. O executivo comprometeuse a trallabar, en colaboración cos tres centros, para acondicionar as instalacións exteriores e facer un mantemento das zonas interiores.
Unhas reunións que se repetirán de xeito periódico.
Axudas de escolarización en Coristanco
Como xa fixeron outros Concellos como Vimianzo, o Concello de Coristanco abre o prazo das bases reguladoras das axudas para a escolarización de menores para o curso 2020-2021.
As familias que se atopen incluídos en programas de intervención familiar dos Servizos Sociais municipais ou que non estando inicialmente incluídos nestes programas os ingresos das súas unidades familiares non superen as cantidades que se recollen na táboa da base terceira das presentes bases.
Hai 10 días para solicitalas.