Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Critican que o plan do Concello de Muxía para FITUR foi unha copia dunha empresa privada

Muxia en FITUR
R
Critican que o plan do Concello de Muxía para FITUR foi unha copia dunha empresa privada

O congro foi o protagonista da promoción do Concello de Muxía na FITUR. Foino ata o pundo de que as marcas que presentou o alcalde Iago Toba e a dunha das empresas que leva os secadoiros son tremendamente semellantes. Algo semellante aconteceu co vídeo promocional.

Unha situación que o colectivo veciñal “Muxía Enfurecida” vese “na obriga de denunciar publicamente. O goberno local viaxa a FITUR a promocionar unha empresa privada”. O colectivo, malia coincidir na necesidade de colaborar para poñer en valor a actividade do secado de congro como un valor patrimonial e e económico da vila.

”Non temos nada en contra da empresa en sí, nin de quen a rexenta persoas aos cales lle desexamos o maior dos éxitos na súa actividade mais é incomprensible e inaceptable que o goberno local use a súa posición de representación pública nunha feira tan importante como FITUR coa repercusión que a mesma ten para facerlle promoción e publicidade NON AO NOSO CONCELLO SENON A UNHA EMPRESA PRIVADA”.

O logo municipal de Muxia e o congro e da empresa

Poden comprobar aquí as semellanzas entre as marcas e o vídeo municipal e o vídeo corporativo da empresa.

Comentarios