![cuberta-ies-ramon-caamano-muxia]()
Varias chapas do tellado do IES Ramón Caamaño desprendéronse este mediodía polos fortes ventos. Imaxe: Facebook Protección Civil Muxía
A Costa da Morte, e o resto da comunidade, segue en alerta vermella. Entre as 00:00 horas desta madrugada e as 18 horas desta tarde o centro de Emerxencias do 112 rexistrou 356 incidencias relacionadas co episodio de meteoroloxía adversa que estamos atravesando.
Un delas tivo lugar en Muxía sobre as 14:30 horas, xa que
os fortes ventos fixeron que se desprendese parte da cuberta do IES Ramón Caamaño obrigando a desaloxar o centro.
Segundo indicande dende os servizos de emerxencias, varias das chapas do tellado soltáronse por mor dos fortes refachos de vento. Ante esta situación, os responsables do instituto decidiron enviar a todo o alumnado para a casa, como medida de seguridade.
O 112 Galicia tivo constancia da situación ás 14:30 horas, a través dos efectivos de Protección Civil. Dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informouse do acontecido aos Bombeiros de Cee. No operativo participaron varios voluntarios de Protección Civil e axentes da Policía Local.
![avenida-marina-corme-temporal]()
O concello de Ponteceso informa que ata mañá permanecera pechada a avenida da Mariña de Corme debido ao temporal
A situación do mar obrigou a
pechar a avenida da Mariña de Corme ata mañá, polo que queda restrinxido o paso a peóns e autómobiles segundo informa o concello de Ponteceso.
Árbores caídas
Por outra parte, est atarde unha árbore caeu sobre a
estrada que conecta Muxía con Touriñán, á altura de Os Castelos. A incidencia tivo lugar arredor das 14:30 horas e precisou a intervención dos bombeiros de Cee a pesar de que cando chegaron un veciño estaba retirando a árbore cun tractor.
A caída de árbores e pólas nas estradas está a ser a incidencia máis común que rexistra o servizo de emerxencias de Galicia ao longo das últimas horas. No que vai de xornada contabilizáronse ata 196 incidentes deste tipo. Séguelle de lonxe a presenza de restos e obxectos na vía, con 32 avisos xestionados. Por último cabe salientar que o 112 Galicia xestionou 18 incidencias relacionadas con problemas ou caídas de cables da luz nas estradas.
Novas relacionadas
Fonte