Do mencer do Cap Creus ao solpor do Cabo Touriñán
Poucas veces se viron peregrinaxes tan rápidas como as que acaban de protagonizar este 4 cataláns. Saían ás 6:15h da mañá, de ver o primeiro raio de sol do día durante o mencer de Cap Creus, e 15 horas (21:35h) e 1324km despois, estes peregrinos motorizados disfrutaban do último raio de sol no solpor do Cabo Touriñán.
Apenas 6 paradas, 5 de 10 minutos e unha de media hora para xantar, para completar este desafío ao astro rei. Así nos explica Pep como nace a aventura. “Aos que nos gusta andar en moto gústanos facer estas cousas. Que máis nos gusta? O sol, non? Pois imos botarlle un reto ao sol e saíu isto. E creo que lle gañamos!”, comenta orgulloso e tremendamente contento de estar na nosa terra.
Recoñece que “dende que entramos en Galicia o sol nos quixo enganar, porque se durante todo o día o tivemos detrás, unha vez en Galicia vai cambiando de posición e non sabes se o vas conseguir. Pero ao final, vaia se mereceu a pena. Ademais foi unha entrada espectacular, porque xusto cando viñamos polo bosque se puxo a chover, pero cando nos achegamos ao Faro abriuse o sol e foi incrible. “Daríalle un 11 á posta de sol de Touriñán”.
”E un 12 á Casa Fontequeiroso”, comentaba un dos seus compañeiros de expedición, encantados coa acollida na casa rural muxiá. Porque ademais do reto, agora aproveitarán para pasar uns días pola volta, así que seguro que volverán con outra fazaña aínda máis grande!