O Cámping Lago-Mar convírtese nun verxel de artesanía local
O Cámping Lago-Mar xa está preparado para a tempada alta do verán na Costa da Morte e xullo vén ademais cargado de programación cultural. Concertos todas as semanas con nomes de dentro e fóra de Galicia; obradoiros variados, como un de iniaciación ao palillo coa Asociación de Palilleiras A Nosa Señora da Barca; e clases de ioga, pilates e mesmo un taller postural, forman parte da axenda para o mes.
Semana da Arte

Na semana do 6 ao 12 de xullo celebra a Semana da Arte na que reciben a artistas que pasan uns días con nós creando a súa obra en vivo. Quen veña polo cámping poderá gozar de ver o proceso de creación de artistas de distintas disciplinas, e mesmo de levar un bonito recordo.
Obradoiros
O sábado 4 de xullo: obradoiro de creación de taburetes con Sara Riveira, no que aprenderemos a técnica tradicional de encordar taburetes con corda de algodón retorcida. As estruturas tamén están feitas por ela con madeira reciclada. O obradoiro son 75 euros con todos os materiais incluídos. Para participar e necesario facer unha prereserva facendo un bizum de 25€ ao teléfono 625035717 indicando o nome e "Camping LagoMar”.
O mércores 8 de xullo: obradoiro Mandala do Universo Da man de Lenita,no que cunha música relaxante debuxaremos as nosas mans dentro dun círculo no que escribiremos os nosos desexos e ofrendas. Será un espazo para estar en presenza con nós mesmxs. Para participar é necesario inscribirse en info@campinglagomar.es.
O xoves 9 de xullo: obradoiro de iniciación ao palillo. Da man da Asociación de Palilleiras A Nosa Señora da Barca coñeceremos as bases desta arte arraigada na Costa da Morte e coa que confeccionar todo tipo de produtos textís. Unha oportunidade xenial para aprender coas que máis saben. O obradoiro son 10 euros por persoa e é necesario inscribirse en: info@campinglagomar.es
Ioga, pilates e brunch
Os domingos de xullo seguen os brunch e as clases de ioga ou pilates. As datas son: 5/07 flow pilates con Miriam Amado, 12/07 taller postural con Miriam Amado, 19/07 e 26/07 ioga con Miriam Lado. O prezo da actividade máis do brunch é de 28 euros e para participar hai que inscribirse en info@campinglagomar.es.
Concertos
A axenda de concertos vén moi cargada en xullo. Arrancan hoxe venres 3/07 co compositor Rodrigo Ramos e as súa mestura de pop-rock íntima e cargada de matices e significados. O 4/07 o trío Valerie´s Site poñerá a bailar a máis dun na nosa terraza e máis movemento asegurado teremos o 5/07 con Cachorro.
O 7/07 viaxarán a América profunda co blues e country folk de Blues Moonshiners. O 08/07 chegan Go Cactus dende as Illes Balears cun rock and roll directo e enérxico. Marió Boville chega o 9/07, o fundador da mítica banda Alpargata virá coas súas letras e guitarra ao lombo. O 10/07 poderase mover o corpo cos ritmos brasileiros de Sambadelia e as súas ricas sambas e bosanovas.
O 11/07 dobre sesión: pola mañá espectáculo de Cé Orquestra Pantasma, todo alegría e creatividade cos seus instrumentos. E á tardiña unha boa foliada con Os catro de Santa Bieta. O 12/07 partirán de viaxe sonora e íntima con Kreze; e o 13/07, o rock and roll fusión de Caravananana. O 15/07 estará o gran Isi Vaamonde coa música vencellada ao Atlántico e fusión de folk-rock.
Grandes éxitos na bonita voz de Diana Pombo o 16/07. O 17/07 chega Leo & K-Chafaz, o encontro explosivo entre Leo Alquimista e K-CHAFAZ, voces de Che Sudaka ao servizo do ska e rock latino dos 90, unha súper viaxe sonora. O 18/07 Pez Mago traerá unha recopilación dos temas máis recoñecidos da súa carreira nunha versión moi rítmica, e con Maruxa’s Show volverán a temazos do soul, rhythm & blues e o rock clásico de Etta James, Janis Joplin ou Amy Winehouse. O 19/07 toca unha viaxe introspectiva coa música e letras de Fito Mansilla, chea de historias, poesía e mensaxes potentes.
Braian de Palma visitará a comarca o 20/07 coa súa voz e guitarra na man e unha enerxía que remove todo por dentro. O 21/07 toca Minguante, o dúo pop de autor formado por Miguel Alonso e Óscar Martínez. Claudio H. estará o 22/07 coa súa combinación de poesía, fusión e ritmos latinos, brasileiros, reggae, funk, jazz… todo nun directo imposible e explosivo. O 23/07 hai o rock brasileiro de Picanha de Chernobill, todo forza e enerxía. O 24/07 mergullaranse na proposta introspectiva e onírica de Gazella. E o 26/07 a forza e os ritmos latinos e folclóricos da cantautora Catherine Vergnes. O 30/07 toca do pop saboroso de Anxo Araújo, que leva as cotas máis altas no seu último álbum.
En xullo hai tamén dúas jam sessions: 27/28/29 de xullo con Jorge Lorre & Friends e o 31 con Turnes & The Five Cents Blues Cousins.
