mércores. 04.12.2024
El tiempo

Dúas mulleres son trasladadas ao Hospital tras un incendio nunha casa de Frixe

Dúas mulleres son trasladadas ao Hospital tras un incendio nunha casa de Frixe

Erguíase o lugar muxián de Frixe convulsionado. Unha veciña alertaba ao 112 arredor das 7:00h da mañá, cando vía saír dunha casa veciña moito fume. De contado, e a tempo chegaron os bombeiros, Garda Civil e Protección Civil para apagar as chamas, e para salvar ás dúa veciñas, de avanzada idade, que dormían na casa calcinada e que tiveron que ser trasladadas ao Hospital Virxe da Xunqueira por inhalación do fume.

Segundo fontes do 112, as fontes do lume puido ser dende unha sobrecarga na electricidade ata unha manta eléctrica que quedou enchufada toda a noite na saliña.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios