Sábado. 20.04.2024
El tiempo

En marcha a semana cultural da Barca

En marcha a semana cultural da Barca

Queda menos para a Festa das Festas. A Barca xa está aquí, co seu cartel preparado, e ao longo da semana, para quecer motores, o Concello artella a clásica semana cultural.

Precisamente, hoxe, martes, comeza a Semana Cultural da Barca, co seguinte programa:

Martes 30 de agosto

  • Actuación de Peter Punk no Cabo da Vila (se chove sería no Salón de Actos) ás 20:00h.

Mércores 31 de agosto

  • Planetario Infantil e xuvenil no no Polideportivo a partir das 16:30h. Necesario inscribirse no Concello.

Xoves 1 de setembro

  • Talía Teatro con “Pelos na lingua” no Salón do Voluntariado ás 21:30h.

Venres 2 de setembro

  • A Locomotora con “Carlota e Marieta dan a volta ao planeta” no Salón do Voluntariado, ás 20:00 horas.
  • Inauguración da mostra “Novos Horizontes” de Teresa Búa, coa participación de Rosalía Fernández e Mon Búa, na Casa das Beiras ás 21:30h.

Sábado 3 de setembro

  • Escola Municipal de Teatro coa obra “Tres historias rusas” de A. Chejóv, no Salón de Actos do Voluntariado ás 21:30h. Retirada de entradas a partir das 20:30.horas.

Domingo 4 de setembro

  • Municipal de Teatro coa obra “Tres historias rusas” de A. Chejóv, no Salón de Actos do Voluntariado, ás 21:30h. Retirada de entradas a partir das 20:30.horas.

Xoves 8 de setembro

  • Cine na rúa “Kika Superbruja y el libro de los hechizos”, no Cabo da Vila (se chove: Polideportivo municipal) ás 21:30h.

Ademáis haberá obradoiros e xogos para nenos e nenas, no polideportivo , en horario de mañá ao longo da semana.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Muxía.

Comentarios