En marcha a semana cultural da Barca

09:30 30/08/11

Queda menos para a Festa das Festas. A Barca xa está aquí, co seu cartel preparado, e ao longo da semana, para quecer motores, o Concello artella a clásica semana cultural.
Precisamente, hoxe, martes, comeza a Semana Cultural da Barca, co seguinte programa:
Martes 30 de agosto
- Actuación de Peter Punk no Cabo da Vila (se chove sería no Salón de Actos) ás 20:00h.
Mércores 31 de agosto
- Planetario Infantil e xuvenil no no Polideportivo a partir das 16:30h. Necesario inscribirse no Concello.
Xoves 1 de setembro

- Talía Teatro con “Pelos na lingua” no Salón do Voluntariado ás 21:30h.
Venres 2 de setembro
- A Locomotora con “Carlota e Marieta dan a volta ao planeta” no Salón do Voluntariado, ás 20:00 horas.
- Inauguración da mostra “Novos Horizontes” de Teresa Búa, coa participación de Rosalía Fernández e Mon Búa, na Casa das Beiras ás 21:30h.
Sábado 3 de setembro
- Escola Municipal de Teatro coa obra “Tres historias rusas” de A. Chejóv, no Salón de Actos do Voluntariado ás 21:30h. Retirada de entradas a partir das 20:30.horas.
Domingo 4 de setembro
- Municipal de Teatro coa obra “Tres historias rusas” de A. Chejóv, no Salón de Actos do Voluntariado, ás 21:30h. Retirada de entradas a partir das 20:30.horas.
Xoves 8 de setembro
- Cine na rúa “Kika Superbruja y el libro de los hechizos”, no Cabo da Vila (se chove: Polideportivo municipal) ás 21:30h.
Ademáis haberá obradoiros e xogos para nenos e nenas, no polideportivo , en horario de mañá ao longo da semana.
Novas relacionadas
- A Barca 2011 xa ten cartel.
- Traba vibrou co Parga.
- Barca 2010: A Festa das Festas.
- Barca 2009: Milleiros de persoas abalaron a Barca (con resumo e galería de Marcos Rodríguez).
- Barca 2007: A Barca by Dani.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Muxía.