A falta de medios provoca que un incendio en Muxía supere as 50 hectáreas
Tarde moi tensa en Muxía, na parroquia da Nosa Señora da O, por un incendio que, ás 9:00 do sábado, segue activo e xa supera as 50 hectáreas arrasadas.
Saltaba a alarma entre a veciñanza arredor das 13:15, cando dende Sendón se comezaba a ver fume que parecía ser preto de Quintáns. De contado acodiron os veciños cos seus tractores e cisternas para intentar sufocar o lume. E parecía que o conseguían coa única axuda dun par de motobombas ademais da colaboración de Protección Civil de Muxía e de Camariñas, e a Policía Local.
Pero pronto prendía tamén tamén en Quintáns pero subindo ata Pardiñas, moi preto, e os focos foron uníndose. Os tractoristas non puideron con el e o incendio foi extendéndose e non foi ata as 21:00h, 8 horas despois do comezo do incendio, cando mandaron o primeiro medio aéreo, un helicóptero que apenas puido dar unhas poucas pasadas pois ás 22:00h xa se fixo de noite.
Con todo, a Xunta asegura que mobilizou, “de xeito acumulado para a súa extinción 3 axentes, 7 brigadas, 5 motobombas e 1 técnico”.
Confírmannos dende o lugar que ás 23:00h, en Pardiñas sigue ardendo, estando alí traballando arreo , tanto medios coma veciños, para que non cheguen as casas.De feito, a veciñanza fará garda, cas cisternas cheas, de noite para vixiar que non pase o lume cara A On, e non volva prender nos mesmos lugares.