xoves. 07.08.2025
El tiempo

Recesindes, Corme, Xaviña, Dumbría: O poder da veciñanza na loita contra a praga transitoria de lumes

incendio Xavin Camarinas 3
incendio Xavin Camarinas 3
Recesindes, Corme, Xaviña, Dumbría: O poder da veciñanza na loita contra a praga transitoria de lumes

Nestas tensas xornadas que sofre a bisbarra nesta praga transitoria de lumes, estanse extraendo tamén cousas positivas. Como a reacción da veciñanza que leva demostrando que é a mellor defensa para os nosos montes.

Así quedou patente en Corme, tanto arriba en Guxín e Corme Aldea coa veciñanza en primeira liña, como con esa imaxe xa icónica das cisternas dos tractores recargando auga salgada (mellor é doce, pero...) na Ribeira, mentres ao outro lado da ría, a confraría tiña mobilizada a todos os patróns por se tiñan que evacuar á vila cormelá.

incendio corme tractores
As cisternas cargando auga salgada en Corme

Tamén pasou en Xaviña, onde a cercanía ás casas propiciou que moitos veciños e veciñas se xogasen a vida para salvar as súas pertenencias das lapas.

A veciñanza estaba preparada tamén en Dumbría, onde houbo varios intentos; fixo o propio con conatos en Canduas e Frixe durante estes días, pero un dos mellores exemplos foi en Recesinde, parroquia de Carantoña, Vimianzo.

Aconteceu este martes 6 de agosto, cando arredor das 13:30 horas, prendía un lume, presuntamente intencionado, a apenas 50 metros das vivendas familiares, poñendo en serio perigo a vida e as propiedades de varias familias. Pero grazas á rápida intervención dos veciños, así como dos bombeiros e da Garda Civil, o incendio puido ser controlado a tempo.

A coordinación foi crucial para evitar unha traxedia maior, pero entre todos conseguiron salvar as catro casas que estaban ameazadas polas lapas.

Imaxe do incendio de Recesinde
Imaxe do incendio de Recesinde

Máis novas

Comentarios