Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Un ferido tras un accidente entre unha furgoneta e un coche en Moraime

Accidente en Figueiras de Arriba
Un ferido tras un accidente entre unha furgoneta e un coche en Moraime

A pasada de xoves rexistrábase un accidente entre unha furgoneta e un coche pouco despois do lugar de Figueiras de Arriba, na parroquia de Moraime, Muxía. Eran ás 9:51h cando saltaba a alarma, e o 112 mobilizaba a Policia Local de Muxía, Garda Civil de Tráfico de Corcubión, 061 de Cee e Protección Civil de Muxía.

Finalmente, a dotación de bombeiros que se desprazou ata a zona indicoulle aos operadores do 112 Galicia que un condutor implicado tivo que ser trasladado ao Hospital de Cee.

Comentarios