domingo. 11.05.2025
El tiempo

Francisco Singul imparte unha conferencia sobre a memoria xacobea

Francisco Singul imparte unha conferencia sobre a memoria xacobea
Francisco Singul - doutor en Historia da Arte e director da área de Cultura Xacobea da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo - impartirá esta tarde unha conferencia que terá lugar a partir das 20 horas no salón de actos de Muxía. A conferencia leva por título “A memoria xacobea na Fin do Mundo. As tradicións e o imaxinario dos peregrinos na Costa da Morte” e vai tratar sobre as tradicións xacobeas e o imaxinario popular que levaron durante séculos aos peregrinos de diversas partes do mundo a peregrinar ata os santuarios da Costa da Morte galega. Unha continuación que se verifica, despois de venerar a tumba do Apostolo Santiago o Maior, e que segue viva na actualidade con notable intensidade. Singul escribiu varios libros sobre Santiago de Compostela e as peregrinacións xacobeas, publicados en España, Italia, Brasil e Xapón, así como numerosos artigos sobre a historia cultural da peregrinación compostelá aparecidos en revistas especializadas, actas de congresos internacionais e libros colectivos. Obras destacadas Entre os seus ensaios figuran "Historia Cultural do Camiño de Santiago", publicado por Galaxia en 1999, "La Ciudad de las Luces", un libro sobre a historia da arquitectura e urbanismo da Compostela da Ilustración, publicado polo Consorio de Santiago en 2001, o libro "Cammino di Santiago, cultura e pensiero", publicado en Roma pola prestixiosa Carocci, a monografía sobre o máis sobranceiro arcebispo de Santiago, titulada "Diego Xelmírez, Señor de Torres de Oeste", publicada en Madrid, en 2014 pola editorial Ibersaf, e un máis recente libro sobre as peregrinacións xacobeas chamado "El Camino de Francés en el códice Calixtino", publicado en Santiago en 2015 pola ed. Andalvira. A súa incursión na ficción veu da man da obra "La luz dormida en el espejo", unhas memorias de Diego Velázquez noveladas por este autor, que viron a luz en 2011 na compostelá Alvarellos Editora. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Muxía

Comentarios