Mércores. 24.04.2024
El tiempo

En marcha a licitación da reparación da cuberta e fachada da lonxa de Muxía

A presidenta de Portos en Muxía
A presidenta de Portos en Muxía
En marcha a licitación da reparación da cuberta e fachada da lonxa de Muxía

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de iniciar o procedemento de licitación das obras de reparación da cuberta e a fachada da lonxa de Muxía. Así llo trasladou esta mañá a presidenta do ente público, Susana Lenguas, ao patrón maior da confraría de pescadores da localidade nunha reunión de traballo mantida na sede da entidade.

Cun orzamento de 230.000€, tratarase de facer a impermeabilización co obxectivo de corrixir o seu estado de corrosión. O proxecto das obras inclúe ademais a reparación dalgúns elementos estruturais afectados tamén pola corrosión.

O prazo de execución previsto para os traballos é de tres meses desde a data de contratación.

Comentarios