Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Marilar Aleixandre protagoniza o outubro da Galería Mulleres

Marilar Aleixandre protagoniza o outubro da Galería Mulleres
Continúa a Galería Mulleres, que artella o Concello de Muxía, intentando visibilizar a aportación da muller á historia da humanidade, ao mundo das ideas, das artes, das ciencias... Paralelamente ao traballo que fai a Biblioteca da Muller, o concello muxián propón unha personalidade para cada mes, de xeito que pouco a pouco imos lembrando a nosa historia a base de nomes. Femeninos, iso si. Este mes de outubro de 2010 a protagonista é unha poeta nacida en Madrid no 1947, pero con alma galega. Marilar Aleixandre usa o galego como lingua literaria e afirma que ten a lingua partida, pero que non todos os bichos con lingua bífida son perversos. Narradora, poeta, traductora, tamén é profesora de Didáctica da Bioloxía e Educación Ambiental na Universidade de Santiago de Compostela. En canto aos libros, di que no fondo son mensaxes escritas con tinta, chuspe ou sangue que guindamos ao baleiro coa esperanza de que alguén os reciba. Na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía poden atopar os seguintes libros da autora:
  • nas illas. Ed. Xerais.
  • Castelao segundo Rañolas e obra de Castelao. Ed. Galaxia.

Máis información

Galería mulleres

Fonte e máis información

Comentarios