Xoves. 19.09.2024
El tiempo

Unha muller tivo que se trasladada en padiola en Nemiña tras caer dende dous metros de altura

Rescate en. Muxia Proteccion Civi 2
Unha muller tivo que se trasladada en padiola en Nemiña tras caer dende dous metros de altura
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Cee colaboraron esta tarde nun operativo dirixido ao rescate dunha persoa que se precipitara desde unha altura de aproximadamente dous metros na praia de Nemiña, no concello de Muxía.

Esta pasada tarde de domingo, arredor das 16:45h, os efectivos de Emerxencia eran solicitados polo 112 para acodir ao rescate dunha persoa, que se precipitara dende unha altura de 2 metros nas inmediacións da Praia de Nemiña. 061, Garda Civil e Protección Civil, así como os compañeiros do ADC Bombeiros Costa da Morte, acodiron ao lugar, para atender unha muller duns 56 anos, e veciña de Madrid, que esvarou ao acceder á praia, e caeu desde unha altura duns dous metros, e como consecuencia golpeouse nunha extremidade inferior, quedando inmobilizada no chan.

Unha vez estabilizada polos efectivos sanitarios, foi transportada en padiola ata a ambulancia, e evacuada o Hospital Virxe Da Xunqueira de Cee, para a sua avaliación, ou tratamento medico.

Rescate en. Muxia Proteccion Civil

Comentarios