Martes. 30.11.2021
El tiempo

Muxía adquire un camión-pluma para o novo servizo de recollida de plásticos agrícolas e punto limpo móbil

camion pluma muxia
Muxía adquire un camión-pluma para o novo servizo de recollida de plásticos agrícolas e punto limpo móbil

O Concello de Muxía xa está preparado a para a creación de máis servizos de recollida e tratamento de residuos, e deu o primeiro paso coa recepción dun novo camión-pluma para levar a cabo distintas prestacións.

Será utilizado para prestar servizo de punto limpo móbil, facilitando o depósito de residuos voluminosos aos veciños e veciñas. O Concello impulsará ademais un servizo de recollida de plásticos agrícolas. Farase de forma trimestral e irá complementado a unha campaña de concienciación da reciclaxe e de servizos nas parroquias.

A adquisición do vehículo logrouse mediante a xestión dunha subvención de aproximadamente o 70% da Xunta de Galicia e o 30% de achega municipal.

comentarios