Venres. 26.04.2024
El tiempo

Muxía ampliará a vixilancia na fin de semana da Non-Barca

Domingo de romaria na Virxe da Barca
Este ano non se poderán ver estas estampas no Domingo de Romaría da Virxe da Barca
Muxía ampliará a vixilancia na fin de semana da Non-Barca

Muxía terá que esperar pola Romaría da Virxe da Barca. Unha festa que se tería que celebrar esta fin de semana. E ante a posible xuntanza ilegal de xente, o Concello avanza que intensificará a vixilancia durante toda a fin de semana. Artellan un dispositivo especial para evitar o incumplimento das normas.

‘A situación no noso municipio é óptima, pero non por iso podemos permitirnos baixar a garda. Como responsables públicos é o noso obxectivo velar pola seguridade e pola saúde das nosas veciñas e veciños’, apunta o alcalde, Iago Toba, quen sinalou tamén que ‘é por iso que contaremos cun aumento nos operativos da Garda Civil e a nosa Policía Local cubrirá toda a área do noso municipio nun horario ampliado’, asegura o rexedor.
 

Comentarios