mércores. 30.04.2025
El tiempo

Muxía celebra o Día da Muller coñecendo a Teresa Alvajar a través de Aurora Marco

Muxía celebra o Día da Muller coñecendo a Teresa Alvajar a través de Aurora Marco
Aurora Marco presentará o seu libro sobre Teresa Alvajar en Muxía

Xa coñecimos un pouco mellor Teresa Alvajar a través da Galería Mulleres de Muxía. Pero para saber por que se convertiu nunha muller con nome propio, o Concello de Muxía vai realizar un acto este vindeiro sábado, 9 de marzo, ás 19:00 horas no Salón de Actos do Voluntariado. Todo, no marco do Día Internacional da Muller, este 8 de marzo.

Trátase da presentación do Libro de Aurora Marco, "Teresa Alvajar. Memorias dunha Republicana", cunha charla na que participarán a autora e a Concelleira da Muller do Concello de Muxía, Mónica Vilela Vilela.

Ademais, terá lugar a proxección do documental, “Teresa Alvajar. Compromiso e paixón pola terra”, de Pablo Ces.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios