Muxía emprega o Obradoiro de carpintería para rehabilitar o paseo fluvial do Río Negro
09:52 30/03/21
Como fixo o Concello da Laracha co seu obradoiro no paseo de Gabenlle, o Concello de Muxía vai facer o propio na ruta do Río Negro. Hai moitos anos que a fermosa ruta que desemboca na praia dos Muíños necesita unha rehabilitación, e que mellor que empregar ás alumn@s-traballador@s do Obradoiro de Emprego de Carpintería para darlles unha nova vida.
Os traballos, combinados cos feitos polos operarios municipais, consistirán na limpeza da maleza na contorna, na restauración de elementos ornamentais e mellora da sinalización e dos elementos danados.
Será unha ideal posta a punto dun dos camiños máis singulares da xeogafría muxiá.