Xoves. 13.08.2020
El tiempo

Muxía-Estocolmo-Muxía: 5.000km de Camiño do Atlántico ao Báltico

Muxía-Estocolmo-Muxía: 5.000km de Camiño do Atlántico ao Báltico
Jean-Francois Aillet na Punta da Barca-Muxia Jean-Francois Aillet na Punta da Barca Que potencia, que enerxía, a deste ecoloxista francés que ten nos seus pés máis de 70.000 km percorridos. Un deses camiñantes, coñecidos por todo o mundo pola súa implicación na defensa dun mundo máis sostible. Un deses peregrinos que escolle Muxía como inicio e fin do Camiño, neste caso do seu particular camiño que unirá o océano Atlántico co Mar Báltico. Así se chama o proxecto que emprende estes días dende a vila da Barca Jean Francois Aillet: Báltica-Atlántica. Unha marcha de 5.000km por 10 países europeos, con saída e remate, en Muxía, pasando por Estocolmo e Roma como paradas fundamentais. E todo, acompañado deste singular carriño. Aí é nada. Xa é a cuarta vez que Aillet pasa por Muxía, sempre a pé, e desta volta o recibimento que lle deu a familia do Bela Muxía, con Anxo Castro á cabeza, fíxolle sacar bágoas. Este artista-activista ten feito numerosas accións, entre as que destaca ter enviado area ao espazo, incluída a area de varias praias da Costa da Morte. Unha vez máis vemos xente que convirte as crebas en arte. Jean-Francois Aillet na Pedra da Cabeza da Punta da Barca-Muxia Jean-Francois Aillet no Santuario da Punta da Barca-Muxia 2 Carrino de Jean-Francois Aillet Punta da Barca-Muxia Como todo peregrino, sempre queda engaiolado polo noso mar. [fbvideo link="https://www.facebook.com/aillet/videos/10210232221149622/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] Así de ben garda as súas credenciais… E non nos estrana, menudo tesouro: Que disfrute desta andaina, e dentro dun ano, contaranos como foi.

Novas relacionadas

Terminar o Camiño no Mar, con De la Riera

Fonte

comentarios